Galego: diminutivo de "raia"

Frank Furt

Senior Member
Galician + Spanish (Spain)
Alguén podería axudarme co diminutivo de "raia"? Supostamente debería ser "raíña", aínda que na pronuncia a tendencia é a dicir "ralliña". Influencia do castelán ou algún recurso do galego que descoñezo?

O mesmo me vale para "praia", que sería "praíña", pero que eu pronunciaría "pralliña" (ou "praiíña"? un pouco complicado, non?).

Grazas.
 
  • XiaoRoel

    Senior Member
    galego, español
    O deminutivo é raíña < rai- + íña. Os dous /i/ fúndense nun so /i/ que recolle a tonicidade do sufixo deminutivo -íña. O /i/ consonántico de raia é agora no deminutivo un /i/ vocálico tónico, e o deminutivo ten tres sílabas ra-í-ña, fronte ás dúas que tiña o sustantivo base ra-ia.
    *Ralliña/rayiña é unha castrapada, como ben indicas na túa mensaxe, e escrita con /ll/ un disparate, xa que raya en español non se escrebe con /ll/, senón con /y/.
    E polo mesmo motivo praíña é o deminutivo en galego de praia.
     
    Top