Boa tarde!
Aos que sexades galegofalantes, gustaríame preguntarvos algo ben concreto sobre o pronome de solidariedade. Non entendo moito de gramática, nin por isto, mais coido que xa captei un pouco do significado desta particular característica do galego coloquial: o tal pronome é usado co fin de interesar o interlocutor no que dicimos, de xeito que tome parte na conversa. Na frase “o pan medrouche axiña no forno”, non quer dicir necesariamente que o pan que a persoa está preparando é para ti, pero si que vós tedes un trato especial e case afectivo entrambos.
A frase éme sempre comprensíbel, ben sexa no plural (“o pan medrouvos axiña”) ou nas súas formas de cortesía (medroulle, medroulles). O que eu non alcanzo a comprender, por máis que o tente, é cando veñen seguidos dous pronomes de solidariedade nunha mesma verba. Coma no seguinte exemplo: “Os vosos amores, meus filliños, sónchevos coma os de Frolinda e o Trabeiro, os namorados daquela vella estoria tan coñecida: ben tristeiros.” (Xosé Mª Lema. “Costa do Solpor”, Xerais, 2013). Tamén podería citar esta revista de crítica cinematográfica en liña, coa frase: “A mesma historia échevos ben distinta asegún dende onde se conte...”
Se dúas persoas están de parola e aparecen dous pronomes así un a carón do outro no diálogo, e logo que eu perdo totalmente o fío do conto. Oxalá poidades axudarme!
_______________________________
P.D. Eu non sei falalo inglés.

Last edited: