Galician: Cecáis

samlj

Senior Member
Spanish, Galician/Spain
Estiven dándolle voltas a esta palabra. É unha palabra que creo que escoitei e é sinónima de "quizáis". Pero non a atopo en ningún dicionario en liña, nin teño a man ningún dicionario impreso actualizado.
Esta palabra, ¿é correcta? ¿é normativa?. E de non selo, ¿hai xente que a di ou é unha invención miña?

¡Graciñas!
 
  • Breogan

    Senior Member
    Spain, Spanish and Galician
    Estiven dándolle voltas a esta palabra. É unha palabra que creo que escoitei e é sinónima de "quizáis".
    Pero non a atopo en ningún dicionario en liña, nin teño a man ningún dicionario impreso actualizado.
    Esta palabra, ¿é correcta? ¿é normativa?. E de non selo, ¿hai xente que a di ou é unha invención miña?

    ¡Graciñas!
    Si, hai quen a usa como sinónimo de "quizais" (coido que sen tilde ó ser aguda e rematada en ditongo decrecente) ou "quizaves" .
    Teño lido esta palabra "cecais" en libros antigos, cando aínda non tiñamos normativa, e tamén lla teño escoitada a alguén.

    Non lembro exactamente se era un arcaismo ou un vulgarismo, pero actualmente non a atoparás na escrita normativa.
     

    Calabobos

    New Member
    Español
    Xa se que é un tema moi vello, pero non podo quedar agusto se non comento que "cecais" ten toda a pinta de ser un termo lusista. Según o meu entender parece que en Portugués o termo "quizás" dícese cecais.
    Posiblemente ( ou posívelmente se son lusista jeje) caso resolto....
     
    < Previous | Next >
    Top