Gallego: Susurro

  • jonquiliser

    Senior Member
    Svediż tal-Finlandja
    Pensei que era un castelanismo. Tampouco ven no dicionario da RAG. Pode ser que exista sen ser castelanismo, pero a escritura sería "susurro", nunca con dous eses. Logo nolo dirán os galegos.
     

    DarkOmen

    Member
    Spanish - Spain, Galicia
    Susurro = murmurio, borboriño
    Susurrar = murmurar, rosmar, moumear, muiñar, borboriñar
     

    XiaoRoel

    Senior Member
    galego, español
    Eu, que son galego falante, nunca ouvín nin usei outra cousa que murmurio (no meu idiolecto, marmurio). A palabra "susurro" é española e será portuguesa, pero non galega. Como verbo, ademais de murmuriar (sic, con /i/) (no meu idiolecto marmuriar), uso rosmar e borboriñar (esta menos e máis ben para ruído de auga, árbores), e teño sentido máis dunha vez moumear.
    Susurro e susurrar non son palabras galegas.
     

    jazyk

    Senior Member
    Brazílie, portugalština

    XiaoRoel

    Senior Member
    galego, español
    Referíame a que en todas estas linguas susurrar é un cultismo mui recente (s. XVI-XVII), non é palabra patrimonial en ningunha lingua románica.
     
    Top